Alberto Romar, opción dos socialistas para a alcaldía de Santa Comba

0
695

Segundo o adiantaba o xornal dixital Adiante Galicia O empresario Alberto Romar encabezará a candidatura do Partido Socialista en Santa Comba nas vindeiras eleccións municipais de 2023.

Este sábado tivo lugar unha asemblea extraordinaria, na Casa do Pobo de Santa Comba, que serviu para elixir por unanimidade a Romar como aspirante a alcaldía.

A intervención de Alberto Romar diante dos militantes socialistas foi optimista, marcando como obxectivo conseguir a maioría absoluta.

Para lograr ese apoio maioritario, anunciou que elaborará “unha lista de progreso” optando por caras novas pero tamén integrando a persoas que formaron parte de candidaturas do partido nos comicios de 2015 e 2019.

Os socialistas inaguraron a súa Casa do Pobo recentemente

O candidato asenta a súa proposta sobre unha base fundamental, a de escoitar ós veciños e veciñas. Pretende incrementar as bases do partido e presentar “un proxecto realista e executable”.Seguindo coa súa mensaxe en positivo, Romar asegurou que buscarán “a estabilidade para o noso concello” atendendo á crítica construtiva e “unha política seria e educada”.

Despois dunha boa xestión presidindo á asociación de empresarios e agora co apoio do PSOE, o candidato considera que “urxe perdelos medos” e que haxa un goberno de progreso que posibilite un cambio para Santa Comba.

Segundo puidemos saber o vindeiro sábado 12 de novembro está previsto un acto público ás 20:30h. Informaremos do lugar, cando se anuncie o acto desde o PSOE.

DEIXA O TEU COMENTARIO

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí