As novas cancións de Fran Allo

0
641

franallomicro

Fran Allo presenta as súas cancións este venres en Santa Comba

FRAN ALLO PRESENTA O SEU DISCO

VENRES, 9 DE XULLO

22,00H. MULTIUSOS- SANTA COMBA

 

Fran Allo foi entrevistado en Radio Líder. Recollemos un fragmento da entrevista, que poderás escoitar en audio desde este martes na nosa sección de radio a carta, en Anosacosta Radio. “Dime una sola palabra”, “Valor”, “El sueño que persigo”. “Secretos del corazón”e “Si te cansas de mí” son as cancións que vai a presentar o noso querido artista.

 

Foto Fran Allo 02

 

A ENTREVISTA

 

P- Por fin temos as túas cancións

R-Tiña gañas de poder presentar algo propio. Despois da última experiencia en televisión, foron uns aniños de escoitar temas e adicarme a eles, e agora chegou o momento de poder presentalos.

 

P- ¿Cómo foi o proceso?

R-A xente preguntábame cando e todo se facía un pouco largo. Tiven a sorte de contar con Chema Purón como compositor e necesitaba tempo para facer que merecera a pena.Despois marchei para Madrid e estiven alí gravando. Entre fotos e gravacións non me dou tempo a asimilar todo o que está pasando.

 

P-Pero algo para non olvidar o da gravación

R- Unha experiencia única. Tivemos un estudio de gravación para nós sós. Él estivo alí conmigo. Foi un traballo en equipo rodeado de profesionais.Foi marabilloso.

 

P- Moita xente estaba esperando os teus novos temas

R-Tiven a sorte de que lles gustara o que fago. A xente da miña terra (Santa Comba) sempre estivo ahí apoiándome e dando ánimos. Foron eles os que me deron o empuxón para meterme a gravar. Espero non defrauda-los.

 

P- O primeiro single é “Dime una Sola Palabra”.

R-“Dime una sola palabra” .Vai a ser o primeiro single. É unha canción que se queda e que demostra quén é Fran Allo. A letra encántame. Xa a cantei no Festival do Xallas e creo que gustou. A ver se hai sorte con elas.

 

P-Agora será o público o que opina

R-Non hai mellor sabio que o público. Agora estou feliz porque se achega a hora e nervioso pola súa opinión. É un risco que teño que correr, puxen toda a miña forza e entusiasmo e espero que a xente disfrute tanto como eu cando as interpreto.

DEIXA O TEU COMENTARIO

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí