Lucerna- Tívoli

Lucerna-Tívoli

O Bar Lucerna- Tívoli campión de Liga e Pulidos Maroñas- Comercial Rodríguez campión de Copa. Así remata a tempada do fútbol-sala en Santa Comba. O sábado pasado poñíase o punto e final.

PULIDOS MAROÑAS-C. RODRÍGUEZ REPÁRTENSE OS TÍTULOS DE LIGA E COPA DE FÚTBOL SALA
 EN SANTA COMBA.

 O pasado sábado no Pavillón de Fontenla celebrouse a clausura da tempada de fútbol sala en Santa Comba coa final da Copa e a entrega de trofeos deste torneo copeiro e da XXI edición da Liga.A competición da regularidade, a Liga, foi este ano para o equipo Bar Lucerna- Tívoli, que acada así o seu primeiro título, logo de superar con moita superioridade ós seus rivais, tanto na fase regular, coma na Fase Final. O segundo clasificado foi o equipo de Cervecería a´Catedral, o terceiro Talleres Arán e a cuarta posición foi para o equipo de Pub  A´Pedra.
O máximo goleador da Liga foi Antonio Mouro de Cervecería A´Catedral e o porteiro menos batido foi Sergio Blanco de Bar Lucerna – Tívoli. O equipo campión representará ó concello de Santa Comba na Fase Intermunicipal que este ano terá como escenario o concello de Vedra.

Image

 No V Trofeo Concellería de Deportes, polo que competiron ós nove equipos clasificados entre o 9º e o 18º posto na fase regular, o título foi para o equipo de Eurográficas. O campión superou nun emocionante tramo final de competición a Electra- Cutados. O “ pichichi” deste Trofeo foi David García ( Cafetería Ondas),  mentres que o “ Zamora” foi para o cancerbeiro de Eurográficas, Miguel Ángel Antelo. O Trofeo ó Equipo Máis Deportivo de toda a competición foi para Xuventude de Anxeriz.

Image

 A XXI Copa Concello de Santa Comba, competición que patrocina Autos Romar,  trouxo as sorpresas. Nun emocionante partido de consolación, Electra- Cutados acadaba o 3º posto logo de superar na tanda de penaltis a Restaurante Cervantes. Dous equipos que a priori non contaban nas apostas, pero que a eliminatoria directa se meteron no cadro de honra do torneo.
 Na gran final, Pulidos Maroñas- Comercial Rodríguez gañaba cunha contundencia inesperada a Bar Lucerna- Tívoli. O resultado final de 7-2, amosa a superioridade dun equipo que fixo valer a experiencia dalgún dos seus xogadores para levarse o título de Copa.

 O concelleiro de deportes, Javier Facal Calvo fixo a entrega dos trofeos  a tódolos premiados e ó resto de equipos participantes que contaron tamén co seu correspondente agasallo.