SANTA COMBA 1991

0
667

Image

Tendo en conta o recordo suscitado estes días da figura de don Ignacio Pensado Plágaro, incluimos na sección a nosa historia un artigo sobre aquel ano 1.991, cando o PP desprazaba do poder a José Manuel Arufe, sendo un dos grandes baluartes o propio Ignacio, ó que o Partido Socialista ven de pedir unha rúa no seu nome.

O veredicto do pobo soberano deparou non poucas sorpresas. En Santa Comba, o Partido Popular consigue o recórd histórico de subir máis de trinta e cinco puntos porcentuais. A anterior candidatura de Francisco Calvo obtivera dúas actas e a lista de Parajó nove, o que significaba a maioría absoluta, ante un rival, Arufe Rieiro, que levaba gobernando durante doce anos.Fontes achegadas a candidatura de Arufe, nesta ocasión no seo da Converxencia Nacionalista Galega, non encontraron calificativos para esta debacle electoral.Arufe perdíu seis edís e 1.400 votos, pero o vendaval popular tamén absorveu un concelleiro dos socialistas. O vencedor José Toja recorda aquela etapa: "Non contaba con gañar. Quería foguearme na oposición e probar. Foi impresionante".Nas filas do P.P., figuraba coma número dous, o responsable da ,(naquela tan influínte), Cámara Agraria xalleira, Ignacio Pensado Plágaro, irmán do rexedor coristanqués.

Image

Ignacio Pensado Plágaro incluso aparecía nos carteis electorais, compartindo protagonismo, xunto ó candidato, José Toja Parajó.Tamén saía elixida a primeira muller nas corporacións democráticas xalleiras, María José Ares Casal, e o dinámico hosteleiro José Antonio Cancela Blanco.Con experiencia na corporación só figuraban o anterior candidato Francisco Calvo Pájaro, e Getulio Landeira.Iniciarianse anos de hexemonía de maiorías absolutas do PP, que se racharon nas pasadas eleccións. Como se pode comprobar na foto a cor da candidatura do PP, de 1995. Ignacio Pensado voltou a acompañar a Toja Parajó.

Image

RESULTADOS 1991

Candidatura

 

Votos

% Válidos

Concejales

PP

PARTIDO POPULAR

3.025

49,65%

9

CNG

CONVERXENCIA NACIONALISTA GALEGA

2.500

41,03%

7

PS G/PSOE

PARTIDO DOS SOCIALISTAS DE GALICIA-P.S.O.E.

531

8,71%

1

concelleiros electos 1991:

Partido Popular-9-
José Toja Parajó

Ignacio Pensado Plágaro

Getulio Landeira Antelo

María José Ares Casal

Francisco Calvo Pájaro

Pedro Vázquez Ponte

Jesús Negreira Iglesias

Herminio Vilar Cambón

José Antonio Cancela Blanco.

C.N.G. –7-

José Manuel Arufe Rieiro

Basilio Quintáns Fernández

Rosendo Agra Blanco

Jesús Bardanca Rodríguez

José Antonio Landeira Parafita

Juan Oreiro Fariña

Manuel Martínez Turnes

PSOE-1-

Severino Amarelle García.

DEIXA O TEU COMENTARIO

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí