Andrés Eirís: “A web municipal é un altavoz particular do BNG de Carballo”

1
603

Entrevista ao portavoz municipal de Terra Galega en Carballo, Andrés Eirís (Primeira parte)

P- Que balance fas deste tempo que levamos de mandato?

R- Estes tres primeiros anos de mandato estiveron marcados pola Covid-19. Foi a excusa perfecta deste goberno para non traballar, pospoñeron todas as decisións importantes que terán que tomar as futuras corporacións para conseguir que Carballo vaia ao ritmo de Arteixo, Oleiros, Culleredo, Narón, Ames. Para nós estase quedando atrás.

P- Destaca unha cousa negativa desde goberno do BNG..

R-Se teño que destacar só unha cousa negativa sería a hipocresía do grupo de goberno, está máis preocupado en venderse e ter un culpable externo das súas meteduras de pata que facer actuacións para facer de Carballo un bo lugar para vivir como eles alardean…

Un bo exemplo é non acometer a ampliación da Vila de Negreira, se fóra a Deputacion que tiña que executar a circunvalación e non a Xunta xa estaría feita, pero así, teñen un argumento para cargar contra a Xunta e como teñen a web municipal e a parte da prensa que non informa si non que transmiten as mensaxes que eles queren para que cale na pobación, así nos vai!…

Cada vez en Carballo e volvendo o exemplo, o caos circulatorio é maior o cal tamén axuda o ter un xefe accidental da policía local, posto a dedo polo señor alcalde e sen titulación, que cobrou no ano 2021 a cantidade de 13.634,35 € de sobresoldo en horas extras que non fixo, con informes desfavorables da interventora municipal.


Na seguinte parte, que publicaremos este xoves sobre as 20h, analizaremos o traballo de Terra Galega e tamén o futuro.

1 COMENTARIO

DEIXA O TEU COMENTARIO

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí