Mato propón para Ponteceso “un goberno que non cause problemas e solucione as necesidades»

1
313

Chegou a confirmación oficial. José Manuel Mato Martínez xa preside a xunta xestora do Partido Popular e será o candidato a alcaldía do concello de Ponteceso.

Nun acto celebrado na Casa dos Veciños do Couto, Mato propuxo unha paz social e un goberno de solucións diante da situación de continúa polémica que se vive no municipio pondaliano:

“Os veciños están cansados de acusacións que non levan a ningunha parte. A xente necesita un goberno que non cause problemas, que xestione e que solucione as necesidades que existen no Concello”.

Tamén quixo trasladar unha mensaxe de apertura: “Terán cabida todas aquelas persoas que queiran sumar para mellorar o presente e futuro de Ponteceso”.

Estivo acompañado polo presidente provincial, Diego Calvo, o vicesecretario de Organización popular a nivel nacional, Miguel Tellado, o delegado da Xunta, Gonzalo Trenor, o secretario xeral provincial dos populares, Evaristo Ben, e a vicesecretaria e conselleira Ethel Vázquez.

“Estou seguro de que Mato será o próximo alcalde de Ponteceso. E o será porque coñece á perfección este municipio, leva moitos anos traballando aquí, estivo sempre preto da xente e basta darse unha volta polo Concello para escoitar que a xente o quere e o respecta” declarou Diego Calvo.

1 COMENTARIO

DEIXA O TEU COMENTARIO

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí