Lembrando a Manolo Rodríguez Caamaño.

0
521

Image

A asociación cultural carballesa Lumieira organiza este vindeiro sábado no Pazo da Cultura, un acto de lembranza do ilustre Manolo Rodríguez Caamaño.

O acto comenzará as oito do serán e contaráse coa presenza do Catedrático en Socioloxía, José Enrique Rodríguez Ibáñez, o profesor da Complutense, Xavier Noia e tamén se contará coa intervención musical de Loli Platas, César del Caño e Xoán Cancela e a aportación poética de Rosalía Fernández Rial.

O acto denomínase "Volta as Orixes. Lembrando a Manolo Rodríguez Caamaño",e conta coa colaboración do concello de Carballo e da Consellería de Cultura.

DEIXA O TEU COMENTARIO

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí