A Xunta non informa á Valedora sobre o Castelo da Ameixenda

0
873
OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Nova petición infrutuosa da Valedora do Pobo

 

A Valedora do Pobo acaba de comunicar á Plataforma en defensa do Castelo do Príncipe e ao BNG de Cee, que a Consellería de Cultura “persiste na súa actitude de non enviar a información requerida en relación coa súa queixa, a pesar de que a demandamos en dúas ocasións”.

 

Desde a oficina da Valedora volveron a demandar esta información e aclaran que “no caso de persistir esta actitude procederemos a realizar unha advertencia sobre as súas consecuencias legais.

 

Incumprimento de obrigas por parte da Xunta

 

Desde a plataforma e o BNG aseguran que “a consellería está a incumprir a súa obriga porque sabe que temos razón nas nosas reivindicacións e non lles interesa nen o mais mínimo a apertura da fortaleza, algo que de producirse, ademáis de obedecer a lei, sería un importante estímulo para o turismo na bisbarra”.

 

Se esta situación se prolonga, están dispostos a promover outro tipo de iniciativas, directamente, ante a Xunta.