DEZ ANOS DE COMPROMISO CUNHA TERRA.

0
838

"El Periódico" cumpre unha década. Dez anos de compromiso cunha zona que abrangue as bisbarras de Bergantiños, Xallas, Soneira e Fisterra.  Sempre co denominador común de prestar un servicio ós nosos veciños e desenvolver unha laboura informativa o máis plural e independente que poidamos. Na cada vez máis grande "Costa da Morte" escribíronse nesta última década múltiples historias das que intentamos ir deixando constancia desde a nosa perspectiva.

O noso corazón quedou cuberto de chapapote co Prestige, a cinza salpicounos o alma a medida que os montes quedaban pelados. Riadas, unha autovía que segue sendo de peaxe, procesos electorais, en definitiva, noticia tras noticia que fomos ordenando no noso caderno de bitácora. Sempre  defendendo os intereses da zona. Foron anos duros pero ilusionantes. E nestes momentos, non quero deixar de aproveitar este artigo para agradecer o apoio da empresa editora, a liberdade xornalística que nos conceden en cada número, e tamén a tódalas personas que desde 1.997 e ata hoxe foron aportando o seu grao de area a este proxecto.  E evidentemente sen esquencerme dos  nosos anunciantes e dos nosos lectores, partes imprescindibles neste camiño que compartimos e que desexamos seguir facendo. Detrás de cada liña, detrás de cada foto hai un equipo de xente que ama a esta terra, e que se marca o reto de non faltar a nosa cita mensual con vostete. Para seguir cumprindo anos. Para seguir formando parte dunha comarca viva. Para aplaudir ou protestar segundo sexa necesario. Para poder estando preto de vós e cumprir outra década.

 

Xosé Manuel Lema

DEIXA O TEU COMENTARIO

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí