O PSOE quere un acordo tripartito.

0
2328

Este xoves será decisivo. Os socialistas de Santa Comba son optimistas no tocante a que se poida articular un goberno tripartito e insisten en propoñer a José Antonio Ucha como alcalde, e incluso na súa proposta fan unha distribución de áreas e ofrecen dúas adicacións parciais no concello a Independentes e TEXA.

Para que nada falle e tentar esgotar tódalas vías, este xoves estará en Santa Comba como negociador o coordinador provincial do PSOE, Moisés Rey. Non queren que as frías relacións e as polémicas mediáticas entre Ucha Velo e Miguel Pérez sexan un hándicap no peche do "trato político".
Os Independentes tamén farán a súa propia contra-proposta neste xoves. A noite promete ser longa. A proposta do PSOE consiste no seguinte reparto de áreas(Ucha como alcalde):
 
PSOE- Facenda, Personal, Servizos Sociais, Agricultura e Gandeiria, Xuventude e Deportes, Servizos Rurais e Infraestructuras.
IxSC- Urbanismo, Patrimonio, Parques e Xardíns, Emigración, Muller e Igualdade, e Saúde Pública.
TEXA- Obras, Industria, Comercio, Emprego, Novas Tecnoloxías, Cultura, Festas e Ocio, Cemiterios e Medio Ambiente.

DEIXA O TEU COMENTARIO

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí