Vivenda construirá un parque empresarial en Zas de 400.000 m2.

0
763

Image

A Consellería de Vivenda e Solo, que dirixe a nacionalista Teresa Táboas, encargará en xuño a redacción do Plan Parcial para o desenvolvemento do Parque Empresarial de Zas, que contará con 400.000 metros cadrados brutos. Así o confirmou a conselleira ao alcalde de Zas, Manuel Muíño Espasandín, nun encontro celebrado esta mañá en Santiago de Compostela.

 

O Concello de Zas conta con Plan Xeral de Ordenación Municipal aprobado e cunha reserva de solo industrial nunha área de 400.000 metros cadrados, polo que a redacción e tramitación da figura urbanística necesaria -Plan Parcial- para crear este parque será áxil. A Consellería prevé que o Plan Parcial estea listo en outono deste ano, momento no que comezaría a tramitación administrativa. As obras de urbanización da 1ª fase, de 200.000 metros cadrados brutos aproximadamente, comezarían a mediados do ano 2009.

2,8 millóns de metros cadrados de solo empresarial

A Consellería de Vivenda e Solo está a desenvolver 2.822.400 metros cadrados na área económica de Bergantiños-Barbanza. O parque de maiores dimensións será o denominado Parque Empresarial do Barbanza, entre os municipios de Ribeira e Pobra do Caramiñal, que contará con 1 millón de metros cadrados. Ademais, a Consellería a través da sociedade Suelo Empresarial del Atlántico (SEA), participada polo Departamento autonómico nun 15%, está a desenvolver nesta área económica o Parque Empresarial de Vimianzo con 330.000 metros cadrados, o Parque Empresarial de Cee de 228.770 metros cadrados, o Parque Empresarial de Malpica con outros 55.000 metros cadrados, Parque Empresarial de Rianxo de 260.000 metros cadrados e o Parque Empresarial de Muros con 181.400 metros cadrados. A Consellería de Vivenda e Solo aposta pola creación de parques empresariais localizados nas grandes zonas económicas do país. Neste caso, o Departamento autonómico prevé que o desenvolvemento destes oito solos empresariais dea resposta á demanda de solo produtivo que hai nas comarcas de Bergantiños e Barbanza

DEIXA O TEU COMENTARIO

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí