» O pobo falou…. a pesar de todo»

0
767

Aínda que neste panorama un partido con 300 votos e un concelleiro pode ter unha alcaldía e outro con 3.000 pode estar condenado oposición. A pesares de que se segue tentando manipular e transportar as capas máis febles da sociedade, o certo é que  o pobo expresouse e emitiu veredicto.

 Houbo resultados que envían unha mensaxe clara de que se necesita unha renovación política . Houbo caídas significativas e fracasos sonados como os dos populares Antonio Domínguez, en Cee e Alberto Blanco, en Muxía. A pesar de todo o seu «operativo» e do seu márketing populista, o alcalde socialista vimiancés, Alejandro Rodríguez non acadou a maioría absoluta logo de anos de hexemonía. Nos dous primeiros concellos, como no caso de Santa Comba onde o PP pedía tamén a maioría absoluta, os populares no pisaron o acelerador a fondo. A maquinaria electoral non chegou a quinta marcha. En Vimianzo pasou o contrario, pero tampouco foi posible.

Unha boa oportunidade para que os tres grandes partidos políticos acometan un proceso de rexeneración en determinados concellos.

Polo que respecta a Carballo. O pobo quere un goberno liderado por Evencio Ferrero, sen ataduras pero tampouco «por libre». Ou un  pacto de esquerdas ou un goberno en solitario. O resto, sería outro túnel sen saída.

Viña Patiño ascendeu moi modestamente. Pese a estar no timón, Andrade baixou, e o popular Alberto Sueiro, pagou os pratos rotos da festa democrática. Agora, pedirlle a tódolos gobernantes que exerzan con honestidade, adicación e altura de miras. E a oposición, que busque unha nova oportunidade desde un traballo de catro anos, fiscalización e defensa contundente dos dereitos democráticos. E que non se esquezan de apoiar as cousas verdadeiramente importantes.

 

Víctor López Sabadelle.

 

DEIXA O TEU COMENTARIO

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí