O posible tripartito xalleiro colle un impulso

0
677

Os ánimos e as discordias suavizáronse entre os tres partidos que intentan artellar unha alternativa ó Partido Popular. As polémicas mediáticas semellan haber quedado aparcadas, e os representantes de Independentes, Terras de Xallas e PSOE traballan para que se leve a cabo o prometido cambio político. A reunión das últimas horas camiñou sobre esas coordenadas. O vindeiro martes, 26 de xuño, pode ser un dos días claves para que se certifique xa un acordo tripartito, que podería convertir a José Antonio Ucha Velo no próximo alcalde de Santa Comba. Será moi importante a decisión que tome o independente Miguel Pérez. Na xuntanza quedou claro, que salvo sorpresas inesperadas, ninguén está disposto  a pactar ou apoiar o actual alcalde, José Toja Parajó.  No encontro do vindeiro martes todo pode quedar máis claro. Fontes cercanas a negociación valoraron a recuperación do clima de cordialidade e as gañas de chegar a un entendemento.

DEIXA O TEU COMENTARIO

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí