Será as 22,00 h deste martes 26 de xuño, a xuntanza prevista entre Independentes, Terras de Xallas e o PSOE. Os compromisos de "Obras importantes", para Santa Comba, poderían ser o aval de José Antonio Ucha Velo para convertirse en alcalde co apoio dos 9 de concelleiros que suman as tres formacións. Pero hai quén pide que estes compromisos non só sexan unha declaración de intereses dun "goberno amigo", senón que veñan acompañados con sinaturas e compromisos firmes. A vontade é de consituir un tripartito. Ucha é o mellor posicionado nestes momentos, pero aínda hai moita tela que cortar. De feito, as negociacións están mellor que fai unhas semanas pero seguen no mesmo punto, en quen será o alcalde de Santa Comba. Do resto, aínda non se falou.
