A Maior parte das obras xa estaban programadas.

O Plan de Reequilibrio territorial de Galicia destinará, nos vindeiros catro anos, 600 millóns de euros para a zona da Costa da Morte, que contará con cinco concellos dinamizadores: Carballo, A Laracha, Cee, Laxe e Camariñas. O plan presentado polo presidente, Emilio Pérez Touriño, contempla investimentos moi importantes para a zona como a Vía de Alta Capacidade, os polígonos de Carballo e Vimianzo, ou o parque de Megalitismo. A maior parte das obras xa estaban programadas, polo que este Plan semella máis un resumen propagandístico das intencións e das obras do goberno galego, que un programa novidoso.Tamén se inclúen as depuradoras previstas en Santa Comba ou Camariñas, o acceso o peirao de Brens-Cee,  ou outros investimentos de tipo medio ambiental ou pesqueiro. Pérez Touriño aegurou que este Plan é “a máis potente resposta colectiva nunca dada ao desafío de construír un país cohesionado".