Image

Será o vindeiro 13 de decembro, o día sinalado para a inauguración da Fundación Eduardo Pondal, que se ubica na localidade do Couto en Ponteceso. Despois de varios investimentos este recinto será unha realidade e a memoria do ilustre vate pontecesán terá a súa merecida recompensa

O Vicepresidente da Deputación, o nacionalista Pablo Villamar lembraba a recuperación da rectoral de Cospindo coma un dos logros do Plan de Dinamización Turística, e comantaba que este acto de inauguración "faime ilusión coma a calqueira galego".

 

O Proceso visto desde o Concello de Ponteceso.

 

Desde o concello fan un recordatorio da evolución da mellora. De feito como comentan desde o concello "Fai tres anos, o alcalde José Luís Fondo Aguiar acudiu por primeira vez ao arcebispado. Tanto o Concello como a asociación Monte Branco membros do patronato da fundación, consideraban a reitoral de Cospindo como o lugar idóneo para a sede da fundación·. Despois de xestións por parte da alcaldía coa iglesia, logrouse que se desafectara o edificio parroquial do Couto, co que se poido asinar un convenio de colaboración entre a administración local e a iglesia para o uso desta instalación como futura sede da fundación "Eduardo Pondal". Finalmente, logrouse unha cesión por 25 anos, renovable. As xestións municipais non acabaron aquí. José Luis Fondo tamén negociou coa Consellería de Asuntos Sociais a concesión dun obradoiro de emprego que se encargargou da restauración do inmoble. Segundo o anteproxecto elaborado, a restauración do casarón e a posta en marcha da fundación requeriu un investimento de 600.000 euros asumidos polo Concello de Ponteceso, Consellaría de Cultura e Deputación Provincial"

 

E o vindeiro sábado,13 de decembro as cinco do serán a sede da Fundación Eduardo Pondal será inaugurada.