Foi a primeira entrevista do alcalde de Carballo co presidente da Xunta.
O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, mantivo unha xuntanza co presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo despois de varios anos de espera.
O rexedor aproveitou a xuntanza para trasladar cinco cuestións “estratéxicas” para o goberno local, acompañadas por un completo dosier.
Cinco actuacións estratéxicas para Carballo
A variante de Carballo, a expansión do solo industrial(desenvolvendo os sectores A e B do polígono de Bértoa), a urbanización da travesía de Bértoa, o abastecemento á zona de Baldaio, e o desenvolvemento dun plan para a xestión do risco de inundacións, foron as peticións formuladas a Núñez Feijóo.
Agora, Evencio Ferrero, agarda unha resposta positiva.