O Comité de Ferrotlántica informa ós alcaldes da Costa da Morte, recibe o seu apoio e deixa claro que non hai ningunha negociación aberta coa empresa. Haberá máis protestas.

 

 

O comité de empresa de Ferrotlántica informou ós alcaldes da Costa da Morte da situación actual da problemática que lles afecta.

 

Segundo explicou o presidente do Comité, Santiago Paz, de momento son poucas as novidades aínda que teñen constancia de que “a empresa estase movendo”.

 

Nese sentido, os traballadores solicitarán unha xuntanza co conselleiro de Industria, Francisco Conde. Queren interesarse polos posibles movementos da empresa canadiana que quere facerse coas centrais hidroeléctricas da comarca.

 

 

@xmlema

Lembran que as Centrais non se venden

 

Tamén hai unha pregunta formulada por En Marea no Parlamento de Galicia. Informaron que pretende continuar coas concentracións diante da fábrica de Brens.

 

Ademais quixeron deixar ben claro que non hai ningunha negociación coa empresa. E que calquera posible diálogo estaría condicionado a non venda das centrais. Criticaron a campaña de intoxicación por parte de Ferroglobe.

 

Os alcaldes e representantes municipais de Dumbría, Cee, Fisterra, Muxía, Corcubión, Vimianzo, Zas, Camariñas, Carnota e Mazaricos deixaron patente o seu apoio a estas reivindicacións e a necesidade de manter a unión comarcal. Mentres todos están á espera de novos avances.A xuntanza tivo lugar no concello de Dumbría.

 

 

@xmlema