Investíronse 15.990 euros para non perder unha subvención.
O alcalde de Vimianzo quere curtar a polémica sobre os gastos en o mobiliario que segundo os Independentes andan sobre os 75.000 euros. Cifra moi lonxana a que acredita Manuel Antelo, que remitiu a esta redacción dúas facturas por importe de 4.847 euros e 2.529 euros de sillas, mesas e sofás para a renovación dun mobiliario “deteriorado” e en estado “lamentable” despois de 30 anos de servizo.
Todo iso dentro dunha subvención da Deputación provincial de 15.990 (os outros 8.000 euros foron para renovar as oficinas da área económica e de facenda), que fora concedida o goberno anterior e que estaba sen xustificar e que se perdeu “gracias a celeridade do goberno actual”. Desde a alcaldía aclaran que os cadros que adornan o despacho de Antelo son de Antón Mouzo e foron cedidas pola familia do artista falecido. “Deste xeito o concello de Vimianzo fixo un investimento necesario sen gastar un só euro dos fondos propios do concello evitando a perda das subvencións a que nos tiña abocado a mala xestión do anterior goberno” aclara Manuel Antelo Pazos.
“IxVimianzo estáse desacreditando por recorrer a mentira”
“Non nos gusta que a oposición se mova por intereses particulares nin por ánimo de vinganza, IxV estase desacreditando por recorrer á mentira” declarou Manuel Antelo que lamenta outro tipo de oposición e a falta de propostas pola súa parte.
O rexedor nacionalista tamén remitiu copia da nómina da súa asesora, Marta Rey Lema, por un importe mensual bruto de 1.474 euros(líquido 1351 euros), e que se vincula desde o 1 de xullo a empresa Reacteda, con sede en Vimianzo. Con estes datos Antelo considera que quedan claras as “mentiras” dos independentes. “A alcaldía de Vimianzo traballa con transparencia, con criterios obxectivos e dentro da legalidade” explica.
NOTA DE ANOSACOSTA.COM
Se desde Anosacosta criticamos que desde a chegada de Manuel Antelo Pazos a alcaldía de Vimianzo non se nos ofrecía a información, como ao resto dos medios xornalísticos, agora temos que agradecer que se nos remitira desde o Gabinete da alcaldía un comunicado, que agardamos sexa o principio da costume de remitirnos sucesivas notas de prensa, tal é como están a facer desde o PSOE vimiancés. Pensamos que os nosos lectores teñen dereito e aplaudimos o que consideramos que é unha decisión xusta e acertada por parte do alcalde.
