Accidente en Vimianzo

0
348

Segundo informan desde AXEGA 112 houbo un accidente entre un turismo e un furgón, que tivo lugar esta tarde en Vimianzo, á altura do quilómetro 66 da AC-552. Foi un particular o que deu o aviso ao 112 pasadas as 15:15 horas. Ao principio, parecía que podía haber persoas atrapadas, aínda que pouco despois axentes da Policía Local comprobaban que os implicados podían abandonar os vehículos polo seu propio pé.

Dada a incerteza dos primeiros momentos, desprazáronse ata a o lugar os Bombeiros de Cee, que non tiveron que excarcerar, pero que si traballaron na limpeza do asfalto para restablecer as condicións óptimas de circulación.

Ao final, os feridos foron atendidos polos servizos sanitarios. Acudiron, ademais, a Garda Civil de Tráfico, a Policía Local e Protección Civil de Vimianzo e os servizos de mantemento das estradas.

FOTO- BOMBEIROS COSTA DA MORTE

DEIXA O TEU COMENTARIO

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí