xallaspleno2010marjulioferreiro

O Concelleiro non adscrito, Julio Pedro Ferreiro Pazos quere que desde o goberno local se ofrezan explicacións sobre dous asuntos que afectan a piscina municipal cuberta climatizada que xestiona Aquagest. Nun comunicado de prensa, Ferreiro fai referencia a un vídeo de contido sexual, “que desde fai unhas semanas leva circulando de móvil en móvil entre a poboación”. E ademáis as condicións do propio servizo que semella que non son as máis axeitadas. O tema do famoso vídeo estaba sendo moi comentado por todo o concello. Pero Julio Ferreiro foi o primeiro política en referirse a él públicamente.

Julio Ferreiro expresa a súa máis “enérxica repulsa” ó citado vídeo, polo feito de que as prácticas sexuais se levaran a cabo “nunha instalación pública de uso colectivo, donde as condicións hixiénicas deben de extremarse ó máximo”. O edil xalleiro critica que desde o goberno local, nin o alcalde nin o concelleiro de deportes ofreceran unha explicación pública, ou cando menos  haber “comparecido na radio local”. Tamén bota de menos que non se convocara unha xunta de portavoces ou un pleno extraordinario.
Ferreiro Pazos pide  medidas máis extensas “ e non sirve con que xa se despediu ós protagonistas do vídeo”. Ademáis denuncia a situación da piscina cuberta, nos que percibe problemas de salubridade,e de xestión, que están provocando desconfianza entre os veciños. Pensa que hai “pasividade” no goberno local e que quedan moitas preguntas por contestar.

A Piscina, as cuadras e o goberno segundo Ucha