Antonio Landeira, de precampaña

0
530

alandeira

Xa estamos en precampaña. Landeira xa ten o seu cartel.

A precampaña xa arrancou. O candidato a alcaldía polo Partido Popular, Antonio Landeira Gallardo xa traballa no que será o seu programa electoral, e na extratexia para tentar acadar a maioría absoluta neste municipio.

 

“Onte por Galicia, Agora por Santa Comba” é o slógan de precampaña, que figura no cartel que publicamos nesta noticia. Sen facer excesivo ruído mediático, Landeira mantén contactos con distintos colectivos da sociedade xalleira, rodeado dun amplo grupo de colaboradores, entre os que destaca María Pose Rodríguez (que será a segunda na súa futura candidatura) e o actual portavoz municipal e segundo teniente de alcalde, Jacobo Amarelle Barreiro.

 

Santa Comba, pola súa tradición conservadora e pola súa poboación será unha das apostas do partido e do seu presidente provincial, Carlos Negreira. Neste municipio tamén concurrirán dous exalcaldes. Polo PSOE, José Antonio Ucha Velo e Miguel Pérez Fernández, que podería repetir como independente. Ademáis ten previsto participar nas eleccións o Bloque, Terra Galega e barállanse outras listas.

DEIXA O TEU COMENTARIO

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí