O pleno acorda xestionar a construción de dúas sendas peonís no concello

0
451

 Luz verde a un recoñecemento extraxudicial de crédito e as novas taxas deportivas.

 

A única moción que se debateu no pleno foi presentada por Terra Galega e aprobada por unanimidade. Na mesma propoñíase que se realizara uns anteproxectos e se xestionaran fondos económicos diante da Deputación provincial para a construción  de sendas peonais en Castriz e Barbeira(Fontecada).

 

Francisco Ameijeiras referiuse ao “tráfico rodado importante” destas vías e a necesidade de acometer melloras na seguridade vial. O alcalde Antonio Landeira expresou o apoio do PP a esta moción indicando que “xa estamos traballando nestes proxectos que creemos que son necesarios”. PSOE e IXSC tamén votaron a favor.

 

 

 

O PSOE advirte que “se vulnerou a lei de contratación”

 

 

O PP someteu a aprobación un recoñecemento extraxudicial de crédito por importe aproximado de 42.000 euros. Landeira cualificou como positivo “que cada vez as contías son menores” o que é un exemplo de que “vamos polo bo camiño”. Sobre as facturas apuntou que “o servizo está prestado e hai que pagalo”.

 

Opinión ben distinta a de José Antonio Ucha que denunciou unha suposta “actuación neglixente”  e advertiu de que se “vulnerou a lei de contratación do estado” ao existir dúas facturas “relacionadas”.

 

Javier Facal(Tega) afirmou que estábamos ante ”facturas que non seguen o seu curso, como consecuencia duns presupostos que non se axustan a realidade”.Miguel Pérez  defendeu como algo habitual  estes recoñecementos.

 

 

 

Aprobadas as taxas para uso de instalacións deportivas

 

 

Cos votos de PP e IXSC, a abstención de Terra Galega e o voto en contra do PSOE,  desestimáronse as alegacións dos socialistas e se aprobaron as taxas. José Antonio Ucha demandou un informe de secretaría porque segundo o seu punto de vista o informe dos servizos xurídicos municipais “pesan menos que cero”; algo co que non estivo de acordo o rexedor, ao considerar que non era necesario o informe de secretaría e que el tiña que “guiarse polo asesor do concello”. O PSOE aproveitou para volver a criticar a suba das taxas.

 

 

Na quenda de decretos, PSOE e TEGA preguntaron polos gastos e pola filosofía do programa “Xuventude en Acción”. E tamén con respecto as gratificacións que por importe superior a 2.000 euros por persoa, recibiron dous funcionarios municipais, o concelleiro Javier Facal matizou que “hai moita máis xente que traballa”.

 

Novo alumeado na Avenida de Brasil

 

O PSOE anunciou que solicitará un pleno extraordinario para plantexar os seus rogos e preguntas. Nesta sesión decidiron non facer uso da súa quenda, despois de que o alcalde lles advertira que tiña “dez minutos” para a súa exposición.

 

Pola súa parte, o edil de Terra Galega, Francisco Ameijeiras presentou unha batería de preguntas para denunciar o estado de distintas vías de comunicación nas parroquias, e pedíndolle expresamente ao concelleiro de Obras, Manuel Ferreiro(PP) inspeccionara as mesmas e xustificara a adicación parcial que tiña.A raíz dunha pregunta de Tega, Antonio Landeira anunciou que nestes días comezarían as melloras no alumeado na Avenida de Brasil.

 

 

 

 

DEIXA O TEU COMENTARIO

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí