Sen dúbida foi un frente de batalla político e unhas críticas máis contundentes que a oposición xalleira realizou contra o executivo do Partido Popular. As hemerotecas rebosan das críticas que Miguel Pérez(Ind.), José Antonio Ucha(PSOE) e Alexandre Antelo(BNG) efectuaban contra as axudas económicas e o convenio entre o concello e o Santa Comba C.F., pedindo reiteradamente nos plenos e nos medios de comunicación un cambio de rumbo neste senso. Esta actitude anterior causou a preocupación dos directivos do clube de fútbol, que fixeron un chamamento público de axuda e ademáis contactaron cos distintos grupos. Como era de agardar, o grupo popular ratificou o seu apoio o proxecto, tal e como fixera desde o goberno na pasada lexislatura. Pero semella que teñen máis apoios, e pase o que pase, todo seguirá igual, polo menos de momento para o Santa Comba C.F. Polo menos iso é o que se desprende das declaracións do Presidente José Gerpe en Punto Radio Noroeste:" Déronme o apoio, que o Santa Comba era a primeira referencia do concello, e que non se podía tirar o traballo pola borda".
Gerpe asegurou que despois dos contactos cos grupos con representación na corporación próxima: "Nos animaron bastante e imos traballar cada vez máis". O novo míster será Gelucho. O máximo directivo do clube agradeceu a resposta favorable dos políticos xalleiros.