VIAXES AMARELE CELEBROU A SÚA FESTA ANUAL CON UNHA COMIDA CAMPESTRE

Image

 O alcalde José Antonio Ucha  asistiu ó evento que tivo lugar na Praia Fluvial de Esmorode.

 Un marco incomparable, un día caluroso,  máis dun cento de invitados e un menú a base de carne á grella e paella; foron os ingredientes da festa que celebrou o equipo feminino de fútbol sala Viaxes Amarelle de Santa Comba. Severino Amarelle, “alma máter” desta entidade reúne cada ano por estas datas a xogadoras, familiares,  afeccionados, simpatizantes e colaboradores nunha celebración que marca o tránsito entre unha tempada e outra para o equipo xalleiro.

Desde ás máis pequenas do equipo alevín, pasando polas infantiles, cadetes e os dous equipos seniors, o da liga Provincial e o de Autonómica, estiveron acompañadas polas súas familias e amigos e disfrutaron da xornada deportivo- gastronómica. Tampouco quiso faltar  o alcalde, José Antonio Ucha, dando así novas mostras do decidido apoio que está a prestar ó tecido deportivo da capital da Terra de Xallas.