O Grupo ecoloxista P.X. da Costa da Morte anunciou , con motivo do día mundial do Medio Ambiente a concesión dunha das súas insignias de prata, que nesta ocasión recae no voceiro parlamentario do BNG, Carlos Aymerich Cano, pola súa defensa política para a conservación e posta en valor dos Penedos de Pasarela, Traba e Braño.

carlos aymerich

Desde o Colectivo P.X. lembran que "o noso grupo paralizou a canteira en actividade no seu día cunha denuncia e do mesmo xeito fixo unha reclamación o 22 de marzo de 2006 polas pretensións de abrir outra, ante a delegación provincial de Industria, con este premio queremos axudar a que non se esqueza esta solicitude e tamén desagraviar ó premiado pola chapuceira nota recriminatoria dunha serie de alcaldes que no seu día o atacaron, cando o debido dos responsables públicos e loitar pola defensa do medio".

Creen  que o deputado nacionalista fixo unha laboura moi positiva a prol dos Penedos e, agora que se rematou o proceso electoral, critican que varios alcaldes da comarca asinaran un documento impulsado polo rexedor socialista de Vimianzo contra Aymerich Cano.