A Deputación provincial da Coruña publicou este luns a licitación obras por importe de 870.000 euros nos concellos de Muxía, Vimianzo, Mazaricos e Carballo.

 

Un dos proxectos é o de remodelación e acondicionamento da travesía de Senande no concello de Muxía, cun orzamento de 484.000 euros.En Vimianzo investiranse 186.440 euros na construcción dunha senda peonil entre Ponte do Porto e Quintáns. No concello de Mazaricos o investimento ascende a 80.689 euros, para habilitar unha senda peonil na estrada que vai da Serra de Outes a Dumbría.Por último tamén se mellorará o acceso á igrexa de Cances, no concello de Carballo, cun orzamento de 118.000 euros.

 

FOTO-José Manuel Pequeño-Deputado de Vías e Obras