A Deputación da Coruña entregou a AFAFES de Cee unha nova furgoneta adaptada destinada a mellorar o transporte das persoas con alzhéimer e outras enfermidades neurodexenerativas atendidas pola entidade. No acto participaron o presidente provincial, Valentín González Formoso; a deputada de Política Social, Mar García Vidal; e a alcaldesa de Cee, Margarita Lamela, xunto aos responsables da asociación.


