“Camiño ao Emprego 2022”. Novo obradoiro nos concellos de Vimianzo, Muxía e Camariñas

0
256

Os Concellos de Vimianzo, Muxía e Camariñas organizan o seu cuarto obradoiro dual de emprego conxunto, o que califican como “un fito histórico”.

A iniciativa, que contará coa participación de 20 alumnos e alumnas, desenvolverase de forma simultánea nos tres municipios, con Vimianzo como promotor. Os certificados de profesionalidade que se repartirán correspóndense cos de “Montaxe de mobles e elementos e carpintería” e “Operacións auxiliares de revestimentos continuos en construción”.

Será realidade grazas a unha chega más de medio millón de euros por parte da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade. Terá unha duración de doce meses.

O concello promotor é o de Vimianzo A rexedora , Mónica Rodríguez, quixo facer fincapé nas posibilidades laborais que xeran este tipo de obradoiros “que ofrecen unha ampla gama de saídas laborais e permiten aos alumnos e alumnas adquirir novos coñecementos formativos para construír o seu futuro” e “ademais permite que se realicen diferentes traballos de melloras nos municipios que redundan no beneficio de toda a veciñanza” engadiu a rexedora.

 

 

DEIXA O TEU COMENTARIO

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí