Outro pleno para os enfrontamentos verbais.

0
562

Image
Santa Comba celebrou un pleno extraordinario solicitado por cinco concelleiros da oposición para debatir a situación do personal laboral.Ademáis elixiuse a Julio Pedro Ferreiro Pazos, coma representante da oposición no Matadoiro. Unha vez máis os ataques verbais foron protagonista esencial da sesión plenaria.

O pleno foi solicitado por José Antonio Ucha Velo, Angel Souto Mata,do PSOE, os non adscritos Julio Ferreiro Pazos, Blanca Ruzo e a popular María José Ares Casal. Unha vez máis, volveuse a escenificar un cruce de declaracións e continuas alusións personais.

O PERSONAL A DEBATE.

 

MIGUEL PÉREZ:"EU VIN AQUÍ A TRABALLAR POR SANTA COMBA"

O alcalde de Santa Comba asegurou que se estaba traballando para buscar "o equilibrio entre as demandas veciñais e as limitacións orzamentarias, nunha problemática que non é exclusiva do noso concello". "Temos traballo por recorrer e imos a facelo" aínda que lamentou o feito de que "haxa aquí ataques de índole personal. Eu vín a traballar por Santa Comba e e non a isto, e invito a todos a construir". Pérez Fernández tamén informou que de momento a gardería non se convertiría en Galescola.

Image

UCHA: "A DIGNIDADE DE MIGUEL NON VALE NADA"

José Antonio Ucha acusou ó alcalde de "faltarlle a persona ós traballadores", e de encargar tarefas ó personal que non son propias do seu posto. Coma as ordes que reciben os membros do GRUMIR "para limpiar caquitas de perro". "A túa dignidade non vale nada", díxolle Ucha a un alcalde que chegou a calificar de "o tonto de Miguel".Tamén foi crítico co responsable de personal, Jacobo Amarelle, e asegurou que xa había nomes elixidos para prazas de próxima resolución.

 

JULIO FERREIRO: "OS DO GRUMIR ESTÁN PARA TODO"

Julio Ferreiro, seguindo o discurso do voceiro socialista, incidiu nas misións encomendadas os operarios do GRUMIR, e tamén aportou o nome dun futbolista presuntamente recomendado polo edil Manuel García para cubrir unha praza na Policía Local. Tamén se interesou polo futuro das traballadoras do Centro Médico cando este servizo sexa asumido pola Xunta de Galicia, e pediu que no proceso de selección das prazas da Gardería estiveran presentes representantes da administración autonómica, para supervisar todo e así evitar "filtracións".

 

Image

ARES CASAL:"O ALCALDE NIN XESTIONA, NIN DECIDE, NIN ORGANIZA"

 

María José Ares Casal dirixiu a súa intervención nunha serie de preguntas e críticas a Jacobo Amarelle, interrogou sobre se o concello tiña marcadas as liñas extratéxicas e planificación para o personal, e definiu a Amarelle coma "Un capataz"."Vostede non é do PP aínda que represente o PP", espetoulle Ares. Tamén volveu a atacar a Miguel Pérez porque era un "alcalde que nin xestiona, nin decide,nin organiza".No proceso da Gardería, Ares Casal demandou que "os exames se fagan por técnicos de aquí, que non vai a haber filtracións".

Image

 

LUCÍA RIAL:"HAI QUE ADAPTAR AS PRAZAS LABORAIS"

 

Lucía Rial Couto exerceu coma portavoz de Terras de Xallas.Amosouse dacordo con que habería que regularizar o personal e adaptar os postos. "Se hai xente que cobra moito terá que cobrar menos, e se cobran pouco terán que cobrar máis",en función tamén do traballo desenvolto. Blanca Ruzo pediu datos sobre varias prazas e convocatorias, e denunciou o abandono de atención no Multiusos.

 

Image

LOLI CALVO:" EU SON DA OPOSICIÓN E NINGUÉN ME CHAMOU"

 

"Eu son da oposición e ninguén me chamou-afirmaba Calvo- porque queren apuntarse otanto e ningunearme". A crítica ia dirixida os cinco concelleiros que pediron o pleno extraordinario sen contar coa súa opinión. Volveu a censurar a repetitiva dialéctica de insultos dos plenos e aclarou que "Hai que facer procesos limpos en Santa Comba".

Image

JACOBO AMARELLE:"ESTAMOS TRABALLANDO CO MÁXIMO INTERESE"

 

O concelleiro de Personal e portavoz do Partido Popular asegurou que o goberno xa traballaba na organización mediante a elaboración dunha R.T.P., que tiña una axuda de Deputación."Iremos regularizando aínda que non vemos grandes reasignacións", comentou Amarelle que destacou o papel dos funcionarios e traballadores municipais . Ademáis tamén aclarou que se lle buscaría unha solución o personal do Centro Médico, cando fora o momento.


MOI IMP0RTANTE

ANOSACOSTA ESTÁ PREPARANDO A SEGUNDA PARTE DA CRÓNICA DESTE PLENO E ADEMÁIS IMOS A PUBLICAR EN ANOSACOSTA RADIO UN ESPECIAL INFORMATIVO PARA ESCOITAR OS DIFERENTES CONCELLEIROS NAS SÚAS INTERVENCIÓNS.

DEIXA O TEU COMENTARIO

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí