Un accidente múltiple deixa un ferido en Santa Comba. Información Axega 112.

 

 

Unha persoa resultou ferida tras producirse un accidente entre catro coches. Ao fío da 01:30 horas desta madrugada un particular alertaba do sinistro ao 112 Galicia. Indicaba que se acababa de producir un accidente na Rúa Rosalía de Castro, á altura do número 1 e que, polo menos, unha persoa estaba ferida. No transcurso da chamada outro alertante indicaba que había varios coches implicados dos cales un deles estaba estacionado.

 

 

Así, decontado, o persoal do Centro Integrado ás Emerxencias de Galicia puxo os feitos en coñecemento do 061-Urxencias Sanitarias, das Forzas da Orde e dos Bombeiros de Santa Comba. Tras chegar ao punto, tanto os membros do parque comarcal como os axentes de Tráfico confirmaron que foron catro, os vehículos que se viron implicados e só unha persoa resultou ferida.