O Partido xudicial de Corcubión xa ten dous novos deputados provinciais. Nesta ocasión, o Partido Popular estará representado por unha muller; a primeira vez que isto sucede na historia deste partido xudicial. Será a vimiancesa, Carmen Borbujo Martínez. Borbujo, Doutora no Centro Médico de Vimianzo, leva varios anos de concelleira e desde fai aproximadamente un ano é a Presidenta da Xunta local do partido e presentouse as últimas eleccións como candidata, acadando unha subida importante e convertindo o PP na segunda forza política. Representará durante dous anos a comarca e logo cederá o cargo o alcalde fisterrán, José Manuel Traba Fernández. No programa Protagonistas de Punto Radio Noroeste(107.9FM), Borbujo confesaba que “es un orgullo representar a mi partido en la Diputación, y ser la primera mujer en la historia que trabajará por una comarca desde este cargo”. A edil popular quixo adicar este honor “as xentes de Vimianzo que sempre me apoiaron”.
