PSOE, BNG, E PP apoiaron a proposición non de lei defendida polo deputado carballés, Alberto Sueiro Pastoriza, e na que se insta a Xunta de Galicia a tramitar coa empresa concesionaria da A-55, o establecemento dunhas tarifas máis flexibles, mediante descontos, reduccións ou bonificacións.
O deputado popular tamén reclamou a implantación de sistemas de telepagamento para fomentar a fluidez da autovía Carballo-Coruña.
A proposta de Alberto Sueiro foi apoiada polo PSOE, BNG e polo Partido Popular. O político carballés valorou positivamente a aprobación da súa proposta, pero lembrou que tanto BNG como PSOE xa prometeran reiteradamente a gratuidade da autovía, sen que polo de momento non acometeran ningunha iniciativa para cumprir a súa promesa.
